Detective Ferruchi / Villar, Marta
por Villar, Marta
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo | 82-N VIL det | Dispoñible | CLUB LECTURA ADULTOS | PEC069000009542 |
|
|||
| CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo | 82-N VIL det | Prestado | CLUB LECTURA ADULTOS | 31/05/2025 | PEC069000009543 |
|
||
| CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo | 82-N VIL det | Dispoñible | CLUB LECTURA ADULTOS | PEC069000009544 |
|
|||
| CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo | 82-N VIL det | Dispoñible | CLUB LECTURA ADULTOS | PEC069000009545 |
|
XLI Premio Xerais de Novela
Investigación
Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste crime que realiza Sol e durante as súas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan á reflexión. Ao longo da historia visibilízanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos. «Detective Ferruchi» tamén lles dá voz a todas esas mulleres que desde os anos oitenta axudaron a levantar un imperio téxtil internacional grazas ao seu traballo nas cooperativas. Un traballo duro pero que para moitas significou a súa independencia económica. «Detective Ferruchi», de Marta Villar, é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final.
3º-4º ESO